Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2021

Compartir cos meus compañeiros

 Vin un vídeo na canle RT e outro no YouTube que teñen que ver con dous temas moi analizados por nós neste curso. O primeiro é dunha canle de YouTube sobre psicoloxía que fala sobre unha rapaza que foi illada ata os 14 anos e como ese feito foi utilizado para analizar o concepto de se os idiomas son innatos ou non. Parece ser que si que acabou por aprender a falar, pero dunha forma ambigua, sen conexións gramaticais e sen orde de palabras: https://www.youtube.com/watch?v=DGogLQkvUaw Por outro lado unha noticia sobre como en en América tratan de utilizar as apps e o mundo online para divulgar e dar vida ás linguas minoritarias (chamadas "indíxenas" por eles mesmos) a través de cursos, publicación de memes e similares: https://actualidad.rt.com/actualidad/384641-poder-internet-reavivar-uso-lenguas-indigenas

Comparación de gramáticas

 Vai uns días a nosa profesora propuxo facer unha investigación rápida da gramática doutra lingua, co fin de facer comparacións de como funcionan e así facer unha idea de "cormovisión" diferente á nosa. Eu escollín o estonio. A información veu toda da Wikipedia, non collín libros de gramática estonia nin me apuntei a ningún curso nin nada polo estilo. Trátase de facer unha comparación rápida. Por tanto chegoume con coller a información toda do mesmo sitio, con datos básicos, sen demasiada profundidade nin tecnicismos demasiado "técnicos" (premitídeme a redundancia). https://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_estonio https://es.wikipedia.org/wiki/Gramática_del_finés https://es.wikipedia.org/wiki/Caso_terminativo https://es.wikipedia.org/wiki/Caso_comitativo Como sabemos o estonio é un idioma urálico falado en Estonia e zonas fronterizas de Letonia e Rusia con pouco máis dun millón de falantes pero que non se considera minoritario porque ten toda a institucionalidade dun