Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

Conclusión sobre algún tema analizado na aula

A profesora púxonos como tarefa a análise a modo de conclusión dun tema visto na aula. Debo recoñecer que o meu favorito sempre foi o da defensa das linguas minoritarias que é algo que xa tiña ben interiorizado pero no que agora teño un argumento máis, o da cosmovisión, algo que fai aínda máis desastroso o feito de deixar de ser falado un idioma xa que se perde por así dicilo "unha forma de ver o mundo".  Non obstante isto non é o que vou remarcar. O que de verdade me fixo cambiar a perspectiva e a forma de analizar os idiomas e de sacar as súas equivalencias foi o feito de descubrir que non todo ten que ser algo ou non selo, senón que hai unha gradualidade. O exemplo que sempre nos puña era o que un home con 2 metros de altura vai ser considerado alto en todo o mundo e un de 1'3 baixo, pero quizabes un de 1,7 nalgúns sitios sexa mediano, noutros un pouco alto e noutros un pouco baixo. Desa forma vemos exemplos de que hai suxeitos que poden ser moi prototípicos tanto sema

Pinker

 Segundo o que interpretei ao ler o fragmento proposto pola nosa profesora, este autor está a desbotar todo o que teña que ver coa relatividade lingüística e pensa 100% en clave universalista. Ben é certo que algunhas das ideas que desestima parecen xa superadas por simplistas e mal planteadas como o exemplo da neve dos inuit (que en realidade ven a ser algo así como que o tipo de lingua crea estruturas en simples palabras pola súa condición de lingua polisintética) e que eu me permito comparar, aínda que non sexa pola mesma causa, ao típico de que en galego hai moitas formas de chamar ao fenómeno de caer auga do ceo pola conensación das nubes porque aquí iso é moi habitual (xa que calqueira idioma romance ten practicamente o mesmo número de palabras a pesar de que moitos se falan en zonas de clima de moita solada). Da mesma forma tamén desminte outros exemplos tamén algo simples ou forzados sobre o léxico. Poderíamos dicir que polo menos demostra que o relativismo lingüístico non é ta