Conclusión sobre algún tema analizado na aula

A profesora púxonos como tarefa a análise a modo de conclusión dun tema visto na aula.

Debo recoñecer que o meu favorito sempre foi o da defensa das linguas minoritarias que é algo que xa tiña ben interiorizado pero no que agora teño un argumento máis, o da cosmovisión, algo que fai aínda máis desastroso o feito de deixar de ser falado un idioma xa que se perde por así dicilo "unha forma de ver o mundo". 

Non obstante isto non é o que vou remarcar. O que de verdade me fixo cambiar a perspectiva e a forma de analizar os idiomas e de sacar as súas equivalencias foi o feito de descubrir que non todo ten que ser algo ou non selo, senón que hai unha gradualidade. O exemplo que sempre nos puña era o que un home con 2 metros de altura vai ser considerado alto en todo o mundo e un de 1'3 baixo, pero quizabes un de 1,7 nalgúns sitios sexa mediano, noutros un pouco alto e noutros un pouco baixo. Desa forma vemos exemplos de que hai suxeitos que poden ser moi prototípicos tanto semanticamente como gramaticalmente, (María rompe un libro), pero outros xa non entran tanto no tema de quen é o que realiza a acción senón en temas de concordancia polo que a semántica podería non terse en conta á hora de dar as funcións. Na oración "O caldo coce", caro que "caldo" concorda con "coce", pero se nos quedamos coa típica explicación de escola de "el sujeto es el que realiza la acción" aquí non parece moi claro que o caldo teña consciencia de cocer ou que o faga activamente. 

Digamos que na escola se nos explicou todo de forma simple e en grupos cerrados ben acoutados (como tamén é normal, trátase de que se entenda, seguro que os de outras materias tamén están vendo que hai cousas que non son tan simples como nos dixeron, teño un amigo biólogo que me di sempre que os sentidos non son só cinco, que hai algúns máis e outros intermedios entre os coñecidos). Fanse grupos de cousas e en cada un se mete todo o que en gran parte cumpra as características necesarias e o que cumpra varias de cada grupo vai a un sitio comodín. Isto a profesora exemplificábao co das estrelas de mar, poden ser animais pero tamén prantas.

Pois eu despois desta análise a vulto vou facer a do complemento directo. Sorprendeume a lista de requisitos que nos sacou que en caso de cumprirse van dando máis categoría ou menos e como había casos de elementos que sempre teríamos analizado como complemento indirecto que cumprían máis requisitos que outros que si consideramos puramente CD. Demóstrase con isto que nada na vida é isto 100% ou o outro 100%. Algo así como que non hai ningún país 100% capitalista porque ata nos Estados Unidos hai algo de sanidade, seguridade ou emerxencias públicas e ningún 100% comunista porque a Cuba poden ir turistas e comprar recordos (que me perdoen os economistas se dixen unha burrada).

Toda a vida nos dixeron: "CD é todo o que padece a acción do verbo e que ao pasar a pasiva queda como suxeito paciente". Pero xa había algún pequeno fallo como o de "Antón mide un metro e medio" que non parece quedar ben en pasiva con "Un metro e medio é medido por Antón". E eu agora saco unha reflexión sobre algo que adoito comentar nos meus círculos de amigos. É típico dos periodistas querer pór o foco sintácticamente no que é o protagonista do feito (polo en suxeito por exemplo), por tanto, se están falndo de que "os policías viron ao alcalde roubando" tratarán de pór ao alcalde como protagonista, ou sexa, suxeito paciente "o alcalde foi visto polos policías roubando" e se a cousa ten máis detalles, por exemplo, "os policías viron ao alcalde roubando e marchou correndo polo parque" quedará así: "o alcalde, ao ser visto polos policías roubando, marchou correndo polo parque". E a onde quero chegar é a unha fórmula que eu normalmente lles critiquei. Típico da prensa deportiva é cando falan dun entrenador ao que lle fixeron unha pregunta nunha entrevista e ten unha reacción, pór en coñecemento do feito utilizando unha pasiva do tipo: "Zidane, al ser preguntado sobre su eliminación, puso mala cara pero fue educado". Sempre ataquei esa fórmula porque o que son preguntadas son as preguntas, non o entrenador, que ademais, se é CI nunca pode pasar a suxeito pasivo. Achacaba este uso a querer simplificar fórmulas que si consideraba correctas como "Zidane, cuando se le preguntó/al preguntársele sobre la eliminación, puso...". Non obstante ao mellor resulta que fun un arrogante todo este tempo e o CI nese caso ten suficientre transitividade para pasar a pasiva como suxeito, de feito, segundo factores que nos deu a profesora, neste caso cumpre máis de cinco nunha lista de dez. Ou igual si que teño razón en que os periodistas fan un uso "incorrecto" da lingua porque a queren "embarullar" sen saber. En calquera caso agora xa teño máis información para ter un criterio mellor elaborado.

Gracias a todos por todo e boa vida daquí en adiante!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación e saúdo

Su marido nunca le ayuda / Su marido nunca la ayuda

Compartir cos meus compañeiros