Presentación e saúdo

 Ola, boas tardes a todos os meus compañeiros e profesora Teresa Moure Pereiro!

Neste curso tan atípico non imos poder levar un seguimento tan profundo como nun ano normal e de feito moitas veces nin poderemos estar en clase debatendo os asuntos entre nós ou coa profesora. É triste ademais, porque considero que esta é unha das materias máis interesantes no que ao saber xeral lingüístico se refire, pero é o que tocou e dentro do malo temos medios para mitigar os problemas que a situación provoca. Por tanto fago este blogue, ademais de por petición expresa da profesora, para estar máis atento ás tarefas que se nos propoñan e para seguir máis diariamente as leccións.

Non son perfecto e non me molesta que mo recorden, así que se cometo calquera erro ou publico barbaridades sen sentido agradezo aos compañeiros que interactúen comigo que mo digan ou expoñan os seus puntos de vista.

Gracias a todos e sorte!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Exercizo do suahili

Anna Wierzbicka

Compartir cos meus compañeiros