Anna Wierzbicka

Non vexo moi necesario falar sobre a biografía desta muller porque xa varios compañeiros o expuxeron e non creo que isto deba ser un copiar-pegar duns a outros. Abonda con dicir que é unha lingüista polaca que traballa na Universidade de Australia.

Polo que puiden intuír ao ver os nomes dos títulos de varios dos seus traballos, estaba moi interesada no uso da linguaxe na relixión. De feito, unha das miñas compañeiras de clase expón como analiza en dous dos seus traballos a palabra "Deus" facendo unha descomposición semántica (podemos ver a análise desa compañeira aquí: https://docs.google.com/document/d/13KL50dw6TqCqt8XlH89XBjAIjmVHzvu2s9C8xSI2X-U/edit )

Non obstante, e aínda que ten moito traballo sobre outras temáticas o tema que vou tratar sobre esta autora é o dos universais semánticos. O libro Semantic Primitives (1972) foi o que deu a coñecer a súa teoría Natural Semantic Metalanguage. Digamos que interpreta que hai un grupo de significados universais que existen en todos os idiomas e que eses idiomas terán sempre unha palabra para dicilo. Aínda que realmente todos os conceptos son dicibles en todos os idiomas, ben sabemos que hai "significados" que non teñen o seu "significante" nun idioma concreto e que temos que dicilo a modo de sintagma nominal ou mesmo unha frase ou oración. É algo que vemos moitas veces ao facer unha tradución entre idiomas nos que un si utiliza unha palabra e o outro non. Un bon exemplo podémolo atopar no inglés que non ten unha palabra concreta para o que nós diríamos "estrear" (sen referírmonos a series ou películas, senón a obxectos ou produtos que se compran). Eles recorren a frases do estilo "show off", "wear new clothes", "start playing a new videogame". Isto non querería dicir que os ingleses non teñan na súa mente concepto de que empezan a usar por primeira vez algo que compran (curioso, sendo as súas culturas as precursoras do consumismo) nin que non sexan conscientes de que o están a facer, simplemente, exprésano doutra forma.
Pero tamén é verdade que sempre que pasa isto cabe posibilidade de que haxa matices. Por exemplo, un caso como que o galego chame "caixa de correo" ao que o castelán chama "buzón" (falamos do galego normativo porque o uso corrente sabemos que é o do castelanismo) non implica ningún "cambio de matiz" nin "perda de significado" ao cambiar o idioma, son 100% equivalentes, pero o exemplo, o exemplo de "estrear" do inglés dá pé a moitas posibilidades e por tanto a que se perdan matices de lingua a lingua. Algo así como que nós con "estrear" xa nos apañamos para todo, pero eles deben usar unha fórmula segundo o que estreen xa provoca ese efecto minimamente, xa que non están sempre facendo o mesmo e nós si. E daí, como nós sempre facemos o mesmo podemos ata sacar expresións do tipo "estrenar a esa mujer" ou "ese chaval se ha estrenado" no sentido sexual, mentres que os ingleses dirán algo así como "ser el primero con el que mantiene relaciones sexuales" ou "ese chaval tiene relaciones sexuales por primera vez" polo que parece que aquí se perdería claramente a connotación de "muller obxecto usada por primeira vez" ou "empezar a ser usado" (aínda que estou seguro de que en inglés terán algunha fórmula pexorativa para ese concepto).
Volvendo xa á teoría dos semánticos universais que estamos a ttratar de Anna Wierzbicka, estes significados sempre terían a súa palabra totalmente equivalente entre linguas e por tanto nunca terían opción de sufrir terxiversacións deste tipo. Segundo ela algunhas serían querer, non querer, sentir, pensar, imaxinar, dicir, converterse, pertencer, algo, alguén, eu, ti, mundo, esto (foi ampliando e reducindo a listaxe, estas son só algunhas delas). Na miña opinión xa empeza coa posibilidade de ser matizada, porque xa saca un termo que necesita dúas palabras (non querer) que intúo que se saca ese "significado" é porque haberá idiomas nos que a acción "non querer" se diga cun só verbo (da mesma forma que o vasco usa un verbo para dicir "non poder", "ezin"). Iso non sería unha destrución da teoría, porque sería algo así como a "caixa do correo" e o "buzón". Non obstante hai outras como "dicir" que nalgúns idiomas tamén ten sentido de "falar" ou "converterse" que para nós non é exactamente igual que "chegar a ser" e en inglés si, así que aínda que se entenden que son conceptos equivalentes, aínda admiten matices.

Esta parte empeceina a analizar ao ler o traballo da compañeira Sofía Fernández Carroso https://docs.google.com/document/d/1RCYtea_yOlBn25zRYfnLPv54Cm7mV1mZteEVzIv6YQw/edit e desenvolvina á miña forma despois de buscar outros datos e darlle o meu punto de vista.

Tamén se estende neste aspecto a compañeira Tereza Součková en https://docs.google.com/document/d/1RF2gPHV3FhEbklyNW87U9bqdCIlXNzD-fKzBi--y_jg/edit

En calquera caso a lingüista polaca fixo traballos sobre moitos máis temas, pero eu creín que o máis interesante para nós é o de buscar eses "universais semánticos" aínda que empezase facendo un pequeno inciso sobre o tema da relixión porque creo que é ao que máis traballos lle dedicou.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación e saúdo

Su marido nunca le ayuda / Su marido nunca la ayuda

Compartir cos meus compañeiros