Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

Exercizo do libro

Na páxina 48 do libro "Lingüística ECO" da nosa profesora aparece a seguinte proposta: Como abordarías o estudo da língua duma comunidade perdida numa ilha do Pacífico sem dispores de referências prévias, gramáticas escritas ou materiais como dicionários? A miña resposta é rápida e non aporta nada: non podería. A visión eurocentrista na que só se analizan linguas indoeuropeas próximas ao castelán, galego, inglés... fai pensar que todos os idiomas se estruturan case igual e que as únicas diferenzas son que hai veces que o verbo concorda co suxeito e outras só varía por tempo, que ás veces hai xénero e ás veces non, que o plural se fai engadindo un -s e que hai tres grupos de tempos verbais. Desde esta perspectiva calquera podería pensar que non sería moi difícil "descifrar" calquera lingua de por aí perdida. Sería algo tan sinxelo como ver que está a facer a persoa cando fala e buscar a equivalencia palabra por palabra e solucionado. Se o tipo está a comer unha mazá

Entrada sobre morte de linguas 24/02/2020

O 15 de abril do 2019 ardeu a catedral de Notre Dame. No momento en que se conseguiu apagar empezou o debate de se as institucións públicas debían financiar unha restauración. Oíronse moitos comentarios do tipo "¡eso no puede ser, que hay mucho paro y pensiones que pagar!" Este é o eterno debate do patrimonio cultural humano, se paga a pena gastar diñeiro en conservalo en detrimento de necesidades básicas das sociedades humanas ou de cousas produtivas. Na opinión pública xeralmente non hai problema en que un goberno gaste diñeiro en financiar unha empresa privada que vai levar para si os benefizos por esmorrallar montañas e vender esa pedra a outros países e deixar todo o entullo nas aldeas e ríos da zona porque xera postos de traballo. Pero se se gastan nun parque natural (que non deixa de ser un "lavado de imaxe" ou de deixar aí algo natural para calamar a conciencia) pode xerarse un debate parecido ao da catedral de París.  A nosa profesora convidounos a facer un

Primeira tarefa

 A nosa profesora publicou un exercizo que vou tratar de facer aquí: https://tiplingusc21.blogspot.com/2021/02/902-como-e-que-poderemos-trabalhar-com.html A) A primeira parte trata de traducir un texto en danés: En rig ældre dame er myrdet klokken elleve fredag formiddag på et hotel i København. Politiet fandt morderens pibe og hans brune hat på en stol. En af hotellets gæster så en person gå ud af hotellets dør seks minutter over elleve; manden havde en tyk bog under armen. Politiet har nu arresteret over hundrede personer; de havde alle en tyk bog under armen Obviamente, nos tempos nos que estamos, con facer un copia-pega no tradutor do Google ou outros que hai poderíamos sacar unha tradución máis ou menos decente e revisala e sacar o texto case equivalente, pero supoño que esa non é a gracia da tarefa, así que vou tratar de sacar o que eu entenda por parecidos co inglés, intuición, usando as pistas que a profesora nos facilitou... Pode saír un resultado que non teña absolutamente na

Presentación e saúdo

 Ola, boas tardes a todos os meus compañeiros e profesora Teresa Moure Pereiro! Neste curso tan atípico non imos poder levar un seguimento tan profundo como nun ano normal e de feito moitas veces nin poderemos estar en clase debatendo os asuntos entre nós ou coa profesora. É triste ademais, porque considero que esta é unha das materias máis interesantes no que ao saber xeral lingüístico se refire, pero é o que tocou e dentro do malo temos medios para mitigar os problemas que a situación provoca. Por tanto fago este blogue, ademais de por petición expresa da profesora, para estar máis atento ás tarefas que se nos propoñan e para seguir máis diariamente as leccións. Non son perfecto e non me molesta que mo recorden, así que se cometo calquera erro ou publico barbaridades sen sentido agradezo aos compañeiros que interactúen comigo que mo digan ou expoñan os seus puntos de vista. Gracias a todos e sorte!