Primeira tarefa
A nosa profesora publicou un exercizo que vou tratar de facer aquí:
https://tiplingusc21.blogspot.com/2021/02/902-como-e-que-poderemos-trabalhar-com.html
A) A primeira parte trata de traducir un texto en danés:
En rig ældre dame er myrdet klokken elleve fredag formiddag på et hotel i København. Politiet fandt morderens pibe og hans brune hat på en stol. En af hotellets gæster så en person gå ud af hotellets dør seks minutter over elleve; manden havde en tyk bog under armen. Politiet har nu arresteret over hundrede personer; de havde alle en tyk bog under armen
Obviamente, nos tempos nos que estamos, con facer un copia-pega no tradutor do Google ou outros que hai poderíamos sacar unha tradución máis ou menos decente e revisala e sacar o texto case equivalente, pero supoño que esa non é a gracia da tarefa, así que vou tratar de sacar o que eu entenda por parecidos co inglés, intuición, usando as pistas que a profesora nos facilitou... Pode saír un resultado que non teña absolutamente nada que ver, pero insisto, se se tratase de sacar a tradución real equivalente aí temos ferramentas automáticas, dicionarios e ata amigos que poidan saber o idioma. Esta é a miña dedución:
Unha anciá rica (dama vella) asasinou (a alguén, non acabo de intuír) ás once en punto no hotel de Copenhage. A policía atopou a pistola do asasino (en algo relacionado cun ¿sombreiro ou man?). Alguén do hotel viu unha persoa (facer algo) coa porta do hotel (por tanto entrar ou saír) ás once e seis. Levaba un libro debaixo do brazo. A policía arrestou a cen persoas cun libro debaixo do brazo.
B) A segunda un en romance primitivo.
<<Se pareba boves.
Alba pratalia araba,
albo versorio teneba,
negro semen seminaba.>>
"Parábase a vaca
levando un ravelo branco
seguía cara o final
sementaba sementes negras"
C) Na tarceira parte da tarefa hai que tratar de intuír o significado das diferentes partes das frases vendo a tradución ao lado. O sistema parece fácil, ir vendo que partes que se repiten nas diferentes frases coinciden no outro idioma, pero ás veces non hai repetición e hai que usar o método do descarte. Sexa como sexa, aí vai a miña proposta:
nóo: eu
ney: me (CD)
cáam: nós (suxeito)
cáami: nós (CD)
¿ehenmay: paxaro (suxeito)
¿ehenmayi: paxaro (CD)
húnwut: oso (suxeito)
húnwutum: osos (suxeito)
húnwuti: oso (CD)
húnwutumi: osos (CD)
kwótaq: ergo
waráavaan: erguémonos
tóowq: ollo (CD singular)
tóowq: olla (CD singular)
tóowwun: ollamos (CD singular)
tóowwun: ollan (CD plural)
pókwaq: corro
pókwaq: corre
nóoraan: corremos
nóoraan: corren
wótiq: golpeo (CD singular)
wuvá¿naq: golpea (CD plural)
wótiwun: golpea (CD plural)
wótiwun: golpeamos (CD singular)
wuvá¿nawun: golpeamos (CD plural)
wíilaq: voa
wáapaan: voan
moqnaq: mato (CD singular)
qe¿éeq: mato (CD plural)
móqnawun: matamos (CD singular)
moqnaq: matamos (CD plural)
qe¿éewun: matan (CD plural)
Sen querer entrar en tecnicismos, e con moito risco a equivocarme, observo que este idioma "declina" por así dicilo os sustantivos según a situación sintáctica. A primeira conclusión é que engadindo un -i a palabra pasa a ter función de complemento directo, sufridor de acción, ou como o queiramos considerar. Este sufixo vai sempre ao final, se a palabra pasa a plural, que se fai engadindo -um, o -i irá despois.
Nos verbos non acabo de ver un esquema claro, o que si vexo evidente é que os verbos concordan co suxeito e co complemento directo porque vexo variación nese sentido, pero non atopo unha regla. Hai casos como en correr que intúo que o prefixo ten que ver co número do suxeito xa que os de suxeito singular empezan por p- e os de plural por n-. No verbo matar pensaba que o feito de ser o CD plural ou singular condicionaba que empezase por qe¿- ou mo-, pero a forma de "matan" e as dúas de "matamos" anúlanme a norma. Tamén vexo que hai formas que coinciden para diferentes significados como "golpea (CD pl)" e "golpeamos (CD sg)", "mato (CD sg)" e "matamos (CD pl)" ou "ollo (CD sg)" e "olla (CD sg)" pero para isto tampouco atopo unha norma.
En calquera caso si podo facer unha pequena reflexión das conclusións que saco da análise deste idioma do que non tiña nin constancia da existencia. Esas estruturas de frases tan cortas demostran que hai moitas formas de estruturar os idiomas e de relacionar os elementos. Temos unha visión bastante "eurocéntrica" por así dicilo xa que case só aprendemos idiomas romances ou xermánicos e pouco máis estamos moi habituados a crer que todos os idiomas teñen unha estrutura suxeito-verbo-complemento e que o verbo só varía segundo o suxeito como moito. Pero vemos con este exemplo como hai linguas nas que o CD tamén exixe concordancia ao verbo. Temos unha lingua ben preto de nós que tamén fai isto, o vasco, (de feito eles ata co CI) que é un patrimonio lingüístico eternamente ignorado porque hai que aprender "idiomas útiles" e non se pode perder o tempo nel, pero que de prestarlle atención tamén amosaría moitas estruturas exóticas para nós... e sen necesidade de cruzar o Atlántico.
Tendo en conta que as linguas máis estudadas por seren "útiles" son indoeuropeas (sen ter en conta que agora quérese saber tamén algo de chinés por ser lingua dun país emerxente), estamos perdéndonos coñecer outro tipo de formas de estruturar linguas e polo tanto formas de pensamento. Porque un vasco ou un falante de luisenho ao falar pensarán distinto que un inglés porque o inglés non conxuga o verbo máis que no presente de to be ou to have mentres que os outros dous deben ter en conta o que realiza a acción e quen a sofre.
Por causa de todo isto a maioría da xente tende a pensar que estudar idiomas é simplemente sacar a equivalencia palabra por palabra e xa está. Yo=Je, me=me llamo=appelle, "Yo me llamo Diego"="Je m'appelle Diego", pero é que resulta que hai idiomas nada exóticos nos que xa non é exactamente igual como no galego ou portugués que hai que colocar o clítico detrás do verbo... ¡pois figúrate o diferente que ten que ser nunha lingua sen parentesco ningún!, e con este idioma acabamos de comprobalo.
Comentarios
Publicar un comentario