Pinker

 Segundo o que interpretei ao ler o fragmento proposto pola nosa profesora, este autor está a desbotar todo o que teña que ver coa relatividade lingüística e pensa 100% en clave universalista.

Ben é certo que algunhas das ideas que desestima parecen xa superadas por simplistas e mal planteadas como o exemplo da neve dos inuit (que en realidade ven a ser algo así como que o tipo de lingua crea estruturas en simples palabras pola súa condición de lingua polisintética) e que eu me permito comparar, aínda que non sexa pola mesma causa, ao típico de que en galego hai moitas formas de chamar ao fenómeno de caer auga do ceo pola conensación das nubes porque aquí iso é moi habitual (xa que calqueira idioma romance ten practicamente o mesmo número de palabras a pesar de que moitos se falan en zonas de clima de moita solada). Da mesma forma tamén desminte outros exemplos tamén algo simples ou forzados sobre o léxico.

Poderíamos dicir que polo menos demostra que o relativismo lingüístico non é tan evidente como nolo quixeron demostrar con exemplos bastante "forzados" por así dicilo ou polo menos simples. Non obstante ao tratar de negalo de forma absoluta tamén fala da percepción das cores, algo que xeneticamente suponse que estará configurado para todos igual (aínda que, casos de daltonismo a parte, eu nunca me metín na cabeza doutra persoa para comprobar se ve as cores coma min) e con iso estaría intentando seguir desmentido outro argumento favorable á relatividade e eu persoalmente creo que este sería un dos que si a aguantarían xa que precisamente o feito de que supostamente todos vexamos igual as cores pero que as veces segundo a cultura algúns que para nós teñen o mesmo nome eles si o distingan e ao contrario, fai pensar que si que hai un cambio de percepción da realidade por causa do idioma.

A onde quere chegar é a que o idioma non condiciona a forma de pensar nin tampouco ao contrario. Parte de que hai unha serie de pensamentos abstractos, ou sexa, non apoiados por un razoamento lingüístico, algo así como unha visualización de algo ao que queres aspirar. Pero parece evidente que moitos dos nosos razonamentos xa están condicionados por un razonamento puramente lingüístico que facemos mentres o desenvolvemos.

En conclusión o autor quere negar ao 100% a existencia desa posibilidade de que a visión do mundo poida estar influída polo idioma e ao revés, e, a pesar de que si consigue negar algunhas típicas xustificacións desa posibilidade, creo que segue a haber algunhas cuestións que é difícil meter nos universais.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación e saúdo

Su marido nunca le ayuda / Su marido nunca la ayuda

Compartir cos meus compañeiros