Entradas

Conclusión sobre algún tema analizado na aula

A profesora púxonos como tarefa a análise a modo de conclusión dun tema visto na aula. Debo recoñecer que o meu favorito sempre foi o da defensa das linguas minoritarias que é algo que xa tiña ben interiorizado pero no que agora teño un argumento máis, o da cosmovisión, algo que fai aínda máis desastroso o feito de deixar de ser falado un idioma xa que se perde por así dicilo "unha forma de ver o mundo".  Non obstante isto non é o que vou remarcar. O que de verdade me fixo cambiar a perspectiva e a forma de analizar os idiomas e de sacar as súas equivalencias foi o feito de descubrir que non todo ten que ser algo ou non selo, senón que hai unha gradualidade. O exemplo que sempre nos puña era o que un home con 2 metros de altura vai ser considerado alto en todo o mundo e un de 1'3 baixo, pero quizabes un de 1,7 nalgúns sitios sexa mediano, noutros un pouco alto e noutros un pouco baixo. Desa forma vemos exemplos de que hai suxeitos que poden ser moi prototípicos tanto sema

Pinker

 Segundo o que interpretei ao ler o fragmento proposto pola nosa profesora, este autor está a desbotar todo o que teña que ver coa relatividade lingüística e pensa 100% en clave universalista. Ben é certo que algunhas das ideas que desestima parecen xa superadas por simplistas e mal planteadas como o exemplo da neve dos inuit (que en realidade ven a ser algo así como que o tipo de lingua crea estruturas en simples palabras pola súa condición de lingua polisintética) e que eu me permito comparar, aínda que non sexa pola mesma causa, ao típico de que en galego hai moitas formas de chamar ao fenómeno de caer auga do ceo pola conensación das nubes porque aquí iso é moi habitual (xa que calqueira idioma romance ten practicamente o mesmo número de palabras a pesar de que moitos se falan en zonas de clima de moita solada). Da mesma forma tamén desminte outros exemplos tamén algo simples ou forzados sobre o léxico. Poderíamos dicir que polo menos demostra que o relativismo lingüístico non é ta

Su marido nunca le ayuda / Su marido nunca la ayuda

"Su marido nunca le ayuda" Debo reconocer que yo esto nunca lo diría así. Como a mí me han enseñado (quizás forzadamente según lo que hemos visto estos días) que el CD siempre se substituye por lo/la/los/las pues "una persona es ayudada" debería ser en activa "la ayuda". Sin embargo es de este paradigma del que me voy a valer para explicar el matiz que creo que reflejaría. Partiendo de que si se usa "le" debería ser un CI (imaginando un mundo "ideal" en el que no hubiese "leístas") podemos considerar que ella estaría recibiendo una ayuda concreta y no siendo ayudada en su sentido genérico. Así, podríamos decir "le ayuda a hacer la comida" y "a hacer la comida" sería el CD. En cualquier caso esto está muy forzado, no creo que  "Su marido nunca le ayuda a hacer la comida" se pueda substituír por "Su marido nunca se le ayuda" básicamente porque esa es la forma de decirlo en modo impersonal

Anna Wierzbicka

Non vexo moi necesario falar sobre a biografía desta muller porque xa varios compañeiros o expuxeron e non creo que isto deba ser un copiar-pegar duns a outros. Abonda con dicir que é unha lingüista polaca que traballa na Universidade de Australia. Polo que puiden intuír ao ver os nomes dos títulos de varios dos seus traballos, estaba moi interesada no uso da linguaxe na relixión. De feito, unha das miñas compañeiras de clase expón como analiza en dous dos seus traballos a palabra "Deus" facendo unha descomposición semántica (podemos ver a análise desa compañeira aquí: https://docs.google.com/document/d/13KL50dw6TqCqt8XlH89XBjAIjmVHzvu2s9C8xSI2X-U/edit ) Non obstante, e aínda que ten moito traballo sobre outras temáticas o tema que vou tratar sobre esta autora é o dos universais semánticos. O libro Semantic Primitive s (1972) foi o que deu a coñecer a súa teoría Natural Semantic Metalanguage . Digamos que interpreta que hai un grupo de significados universais que existen en

Exercizo do suahili

Tiña o exercizo completado pero foi feito en clase en grupo ao día seguinte e ao reparar en que tiven fallos (confundín algunhas palabras ao consultar nas listaxes que puña a profesora, seguramente por despiste) preferín borralo.

Compartir cos meus compañeiros

 Vin un vídeo na canle RT e outro no YouTube que teñen que ver con dous temas moi analizados por nós neste curso. O primeiro é dunha canle de YouTube sobre psicoloxía que fala sobre unha rapaza que foi illada ata os 14 anos e como ese feito foi utilizado para analizar o concepto de se os idiomas son innatos ou non. Parece ser que si que acabou por aprender a falar, pero dunha forma ambigua, sen conexións gramaticais e sen orde de palabras: https://www.youtube.com/watch?v=DGogLQkvUaw Por outro lado unha noticia sobre como en en América tratan de utilizar as apps e o mundo online para divulgar e dar vida ás linguas minoritarias (chamadas "indíxenas" por eles mesmos) a través de cursos, publicación de memes e similares: https://actualidad.rt.com/actualidad/384641-poder-internet-reavivar-uso-lenguas-indigenas

Comparación de gramáticas

 Vai uns días a nosa profesora propuxo facer unha investigación rápida da gramática doutra lingua, co fin de facer comparacións de como funcionan e así facer unha idea de "cormovisión" diferente á nosa. Eu escollín o estonio. A información veu toda da Wikipedia, non collín libros de gramática estonia nin me apuntei a ningún curso nin nada polo estilo. Trátase de facer unha comparación rápida. Por tanto chegoume con coller a información toda do mesmo sitio, con datos básicos, sen demasiada profundidade nin tecnicismos demasiado "técnicos" (premitídeme a redundancia). https://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_estonio https://es.wikipedia.org/wiki/Gramática_del_finés https://es.wikipedia.org/wiki/Caso_terminativo https://es.wikipedia.org/wiki/Caso_comitativo Como sabemos o estonio é un idioma urálico falado en Estonia e zonas fronterizas de Letonia e Rusia con pouco máis dun millón de falantes pero que non se considera minoritario porque ten toda a institucionalidade dun