Entradas

Su marido nunca le ayuda / Su marido nunca la ayuda

"Su marido nunca le ayuda" Debo reconocer que yo esto nunca lo diría así. Como a mí me han enseñado (quizás forzadamente según lo que hemos visto estos días) que el CD siempre se substituye por lo/la/los/las pues "una persona es ayudada" debería ser en activa "la ayuda". Sin embargo es de este paradigma del que me voy a valer para explicar el matiz que creo que reflejaría. Partiendo de que si se usa "le" debería ser un CI (imaginando un mundo "ideal" en el que no hubiese "leístas") podemos considerar que ella estaría recibiendo una ayuda concreta y no siendo ayudada en su sentido genérico. Así, podríamos decir "le ayuda a hacer la comida" y "a hacer la comida" sería el CD. En cualquier caso esto está muy forzado, no creo que  "Su marido nunca le ayuda a hacer la comida" se pueda substituír por "Su marido nunca se le ayuda" básicamente porque esa es la forma de decirlo en modo impersonal ...

Anna Wierzbicka

Non vexo moi necesario falar sobre a biografía desta muller porque xa varios compañeiros o expuxeron e non creo que isto deba ser un copiar-pegar duns a outros. Abonda con dicir que é unha lingüista polaca que traballa na Universidade de Australia. Polo que puiden intuír ao ver os nomes dos títulos de varios dos seus traballos, estaba moi interesada no uso da linguaxe na relixión. De feito, unha das miñas compañeiras de clase expón como analiza en dous dos seus traballos a palabra "Deus" facendo unha descomposición semántica (podemos ver a análise desa compañeira aquí: https://docs.google.com/document/d/13KL50dw6TqCqt8XlH89XBjAIjmVHzvu2s9C8xSI2X-U/edit ) Non obstante, e aínda que ten moito traballo sobre outras temáticas o tema que vou tratar sobre esta autora é o dos universais semánticos. O libro Semantic Primitive s (1972) foi o que deu a coñecer a súa teoría Natural Semantic Metalanguage . Digamos que interpreta que hai un grupo de significados universais que existen en ...

Exercizo do suahili

Tiña o exercizo completado pero foi feito en clase en grupo ao día seguinte e ao reparar en que tiven fallos (confundín algunhas palabras ao consultar nas listaxes que puña a profesora, seguramente por despiste) preferín borralo.

Compartir cos meus compañeiros

 Vin un vídeo na canle RT e outro no YouTube que teñen que ver con dous temas moi analizados por nós neste curso. O primeiro é dunha canle de YouTube sobre psicoloxía que fala sobre unha rapaza que foi illada ata os 14 anos e como ese feito foi utilizado para analizar o concepto de se os idiomas son innatos ou non. Parece ser que si que acabou por aprender a falar, pero dunha forma ambigua, sen conexións gramaticais e sen orde de palabras: https://www.youtube.com/watch?v=DGogLQkvUaw Por outro lado unha noticia sobre como en en América tratan de utilizar as apps e o mundo online para divulgar e dar vida ás linguas minoritarias (chamadas "indíxenas" por eles mesmos) a través de cursos, publicación de memes e similares: https://actualidad.rt.com/actualidad/384641-poder-internet-reavivar-uso-lenguas-indigenas

Comparación de gramáticas

 Vai uns días a nosa profesora propuxo facer unha investigación rápida da gramática doutra lingua, co fin de facer comparacións de como funcionan e así facer unha idea de "cormovisión" diferente á nosa. Eu escollín o estonio. A información veu toda da Wikipedia, non collín libros de gramática estonia nin me apuntei a ningún curso nin nada polo estilo. Trátase de facer unha comparación rápida. Por tanto chegoume con coller a información toda do mesmo sitio, con datos básicos, sen demasiada profundidade nin tecnicismos demasiado "técnicos" (premitídeme a redundancia). https://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_estonio https://es.wikipedia.org/wiki/Gramática_del_finés https://es.wikipedia.org/wiki/Caso_terminativo https://es.wikipedia.org/wiki/Caso_comitativo Como sabemos o estonio é un idioma urálico falado en Estonia e zonas fronterizas de Letonia e Rusia con pouco máis dun millón de falantes pero que non se considera minoritario porque ten toda a institucionalidade dun ...

Exercizo do libro

Na páxina 48 do libro "Lingüística ECO" da nosa profesora aparece a seguinte proposta: Como abordarías o estudo da língua duma comunidade perdida numa ilha do Pacífico sem dispores de referências prévias, gramáticas escritas ou materiais como dicionários? A miña resposta é rápida e non aporta nada: non podería. A visión eurocentrista na que só se analizan linguas indoeuropeas próximas ao castelán, galego, inglés... fai pensar que todos os idiomas se estruturan case igual e que as únicas diferenzas son que hai veces que o verbo concorda co suxeito e outras só varía por tempo, que ás veces hai xénero e ás veces non, que o plural se fai engadindo un -s e que hai tres grupos de tempos verbais. Desde esta perspectiva calquera podería pensar que non sería moi difícil "descifrar" calquera lingua de por aí perdida. Sería algo tan sinxelo como ver que está a facer a persoa cando fala e buscar a equivalencia palabra por palabra e solucionado. Se o tipo está a comer unha mazá ...

Entrada sobre morte de linguas 24/02/2020

O 15 de abril do 2019 ardeu a catedral de Notre Dame. No momento en que se conseguiu apagar empezou o debate de se as institucións públicas debían financiar unha restauración. Oíronse moitos comentarios do tipo "¡eso no puede ser, que hay mucho paro y pensiones que pagar!" Este é o eterno debate do patrimonio cultural humano, se paga a pena gastar diñeiro en conservalo en detrimento de necesidades básicas das sociedades humanas ou de cousas produtivas. Na opinión pública xeralmente non hai problema en que un goberno gaste diñeiro en financiar unha empresa privada que vai levar para si os benefizos por esmorrallar montañas e vender esa pedra a outros países e deixar todo o entullo nas aldeas e ríos da zona porque xera postos de traballo. Pero se se gastan nun parque natural (que non deixa de ser un "lavado de imaxe" ou de deixar aí algo natural para calamar a conciencia) pode xerarse un debate parecido ao da catedral de París.  A nosa profesora convidounos a facer un...